Coñeza a nosa cafetería



foto1 da cafeteria do hotel comercio en Pontevedra foto2 da cafeteria do hotel comercio en Pontevedra

Na nosa cafetería poderá pasar un rato tranquilo degustando un bo café e lendo a prensa nacional, disfutará duns magníficos e completos almorzos, e se o desexa dunga ampla variedade de pinchos e aperitivos cos que acompañar a nosa recoñecida carta de viños.

foto3 da cafeteria do hotel comercio en Pontevedra foto4 da cafeteria do hotel comercio en Pontevedra

Dispomos de conexión a Internet, WIFI, de balde para os nosos clientes.

Hotel Comercio, no corazón das Rías Baixas



O Hotel Comercio é o lugar ideal para aloxarse en Pontevedra, ben sexa con motivo dunha viaxe de negocios ou dunhas vacacions.

foto da fachada do hotel comercio en Pontevedra Situado a 10 minutos de toda a zona de praias de Marín, Bueu e Portonovo, a menos de 15 minutos de Vigo e de Sanxenxo, a uns trinta de Santiago de Compostela, e en pleno centro de toda a zona das Rías Baixas. Dentro do casco urbán de Pontevedra, a situación do Hotel Comercio non podería ser máis céntrica. Se di que en Pontevedra non existen as distancias, en referencia a que é unha cidade que se pode atravesar cómodamente a pe en menos de media hora, pero de calqueira xeito, nunca ven mal aloxarse no mesmo centro da cidade, co Concello e a zona vella a menos de dous minutos camiñando, e con todos os monumentos, museos, institucións e lugares de diversión ou administracións da cidade a menos de 300 metros.

Convidamolo a que nos escolla como o seu lugar de descanso preferido en Pontevedra, disfrute das nosas confortables habitacións, a nosa impecable atención ao cliente e os deliciosos pratos do noso restaurante, onde poderá disfrutar dos mellores produtos que tanto a terra como o mar galegos proporcionan á excelente cociña da nosa comunidade autónoma. Cada un dos detalles foi pensado para acadar que a súa satisfacción sexa total.




c/Augusto González Besada, 5 - 986 85 12 17 - 36001 Pontevedra - info@hcomercio.com - Política de Privacidade - Mapa web - Dreitec